Hortumia » Aviso legal

Aviso legal

AVISO LEGAL E INFORMACIÓN: O presente aviso e información legais regula o uso do servizo de Internet: www.hortumia.es, que Horticultores do Umia, en adiante Hortumia con domicilio social en Lgar, Quintans s/n, Vilariño 36633 Cambados (Pontevedra) pon á disposición dos usuarios de Internet.

DATOS DA ENTIDADE: Hortumia dispón de CIF. Nº: F-36.037.976. Enderezo de correo electrónico: hortumia@hortumia.com Teléfono: 986520338.

OBXECTO: O sitio Web www.hortumia.es ten por obxecto principal informar sobre as actividades propias do obxecto social de Hortumia tales como: asesoramento e servizos para os seus socios relacionados con actividades do agro. Igualmente informámoslle que a visita ao sitio Web: www.hortumia.es non supón que o usuario estea obrigado a facilitar ningunha información sobre si mesmo.