Hortumia » Servizos

Servizos

O noso fin último é a Calidade das nosas mercadorías, para o que, os nosos agricultores-socios son un alicerce importante.

Formamos parte da central de compras FORVI que nos permite axustar os custos de produción, por exemplo: fitosanitarios, plantas, sementes, abonos…

Dispomos de servizo técnico, que é o elo entre o almacén e o campo.

Cos agricultores-socios o técnico leva a cabo:

  • A programación dos cultivos: datas de plantación, tipos de cultivos, variedades.
  • Control de pragas, enfermidades, asesoramento nos tratamentos (levamos a cabo control integrado)
  • Charlas, viaxes para ver outras zonas de produción.
  • Actualizacións de tipo legal; requisitos que nos esixe a administración ou os clientes para a comercialización da nosa mercadoría.

Realizamos controis de calidade en recepción e en expedición.
Ademais de calidade, aos nosos clientes ofrecémoslles abastecemento continuo, xénero en grao sumo homoxéneo e fresco.